Xacobe Martínez Antelo

Xacobe Martínez Antelo é artista, emprendedor musical e activista cultural. (Santiago de Compostela, 1976).

De formación ecléctica e autodidacta, este baixista e contrabaixista compostelán aparece en máis de 30 traballos discográficos, que van dende o Jazz, ó Rock, pasando pola Música Tradicional, o Teatro ou as Músicas do Mundo. Traballou con Marful, Mercedes Peón, Uxía, Guadi Galego, Narf, Jerry González, Víctor Aneiros, Marcos Teira, Abe Rábade, e un longo etc...

Como líder, é fundador de Sumrrá, Monkillos, Xacobe Martínez Antelo Trío, Cuarteto e Quinteto, CHaNZo, A Tribu, ou MARTELO, e na actualidade traballa tamén de xeito estable con Leilía, Marcelino Galán ou o Grupo Chévere, entre outros proxectos.

No terreo Asociativo, foi membro constituinte de Músicos ao Vivo, e impulsor de FEMA (Federación Española de Músicos Asociados) e FMJAZZ (Federación Estatal de Musicos Profesionales de Jazz).

Vén sendo unha figura imprescindible da escena musical galega dos últimos 20 anos, e á súa presenza en calquer espazo da nosa xeografía, súmaselle unha traxectoria internacional máis que considerable; Sudáfrica, Marrocos, Korea, París, Helsinki, Bulgaria, Portugal, Londres, Bolivia ou Cuba, avalan a súa carreira máis aló das nosas fronteiras.

No terreo da divulgación, ven desenvolvendo concertos didácticos e clases maxistrais dende hai máis de 10 anos, e para todo tipo de audiencias. Dende músicos profesionais, estudantes de música, aficionados ó Jazz, ata rapaces e rapazas de primaria ou secundaria, ou terceira idade.

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs