Luis Giménez

Guitarrista, compositor nacido en Zaragoza. Luis Giménez comenzou os seus estudos de piano aos 6 anos. Aos 13 años comeza a tocar a guitarra, e en 1991 estuda durante dous anos no Taller de Músicos de Madrid. En 1994 trasládase a Boston e licénciase Cum Laude na prestixiosa Berklee College of Music. Tamén asiste a seminarios e clases particulares con músicos como John Scofield, Pat Martino, Pat Metheny, Mike Stern e Kurt Rosenwinkel entre outros.


Tres anos máis tarde trasládase a España e dende entón actuou nos máis importantes festivais de jazz con músicos como Alberto Arteta, Marco Mezquida, Quique Arza, Robin Eubanks, Mikel Andueza, Ikaki Salvador, Pirineos Jazz Orchestra, Chriss Higgings, Gonzalo del Val, Juanma Urriza, Iñaki Askunce, Terela Gradín, Marcelo Escrich, Abe Rabade, Paco Charlín, Javier Garayalde, Javier López Jaso… entre outros. 


Actualmente imparte clases de Guitarra Jazz no Conservatorio Superior de Música de Navarra e organizou numerosos Clinics e Seminarios.

Nos últimos anos compatibilizou a súa labor como guitarrista de Jazz e docente, compoñendo música para numerosas curtametraxes e longametraxes. Recibiu o premio SCIFE á mellor música en dúas ocasións e foi nominado outras catro.

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs