Felipe Villar

O guitarrista Felipe Villar (Vigo, 1976) é un dos músicos habituáis da escena do Jazz galego dos últimos anos.

Nestes anos tocou e grabou con bandas como: Alberto Vilas Quinteto, Rua da Alegría, Fernando Sánchez Quartet, Esmae Big Band, Javier Marcos Trío, Jazzología, Antonio Otero Quartet, The Groove Project, Ten Jazz Men. ...

Ademais lidera o seu propio trío e cuarteto. Participou nos principais festivais e locais de Jazz de Galicia, España e Portugal; Festival de Jazz de Pontevedra, Festival de Jazz de Lugo, Nigranjazz, ImaxinaSons, Casa da Música (Porto), Xancarajazz, Jazz Filloa, Clavicembalo, Dado Dadá...

Despois dun longo periplo autodidacta polos terreos do Blues e do Funk interésase polo Jazz. Obtén a súa licenciatura en Jazz pola ESMAE (Porto) no ano 2011, aínda que comezou nisto do jazz da man do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e da Estudio Escola de Música con profesores coma Abe Rábade, Paco Charlín ou Suso Atanes. Recibiu clases tamén de xente coma Nuno Ferreira, Jordi Rossy, Peter Bernstein, Michael Kanan, Jonathan Kreisberg, Lage Lund, Walter Smith, Marcus Strickland, Mike Moreno, Aaron Goldberg, Jonathan Blake, Dave Liebman, Gilad Heckselman ou Greg Ruggiero entre os destacados dunha lista interminable.

Co seu trío gravou dous discos, "Home" e "Outro", acompañado por Max Gómez na batería e Jose Manuel Díaz no contrabaixo.

A súa vida está plenamente ligada ao jazz. É coordinador e profesor da Escola de Jazz e Música Moderna Mayeusis/Taller de Musics en Vigo, é o organizador do Festival Nigranjazz, e tamén é o programador das Jam Sessions de La Casa de Arriba, en Vigo.

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs