Alfredo García

Alfredo García comeza aos catorce anos, na Coruña, os seus estudos de guitarra clásica e música brasileira con Enrique Rodríguez Iglesias, director da Orquestra Albéniz. Ao ano seguinte empeza a compaxinar a guitarra española coa eléctrica, impulsado pola audición de grandes do rock como Eric Clapton, Jimi Hendrix e Carlos Santana.

A súa traxectoria inclínase pouco a pouco cara o jazz e a bossa nova e ingresa na Escola Municipal de Música da Coruña, onde cursa estudos co compositor, arranxista e guitarrista José Antonio Acuña. Máis tarde estuda no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, entidade onde Abe Rábade e Paco Charlín levan a carga docente.

Como músico de jazz forma parte de diversos proxectos, dos cales destacan The Forest Trio («20») e Alfredo García Quartet ( Riding Into a New Path). Actualmente, compaxina a docencia coa súa actividade profesional como músico.

 

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs