Mónica de Nut

Cantante de ópera, jazz, contemporánea e música galega de raíz. Actriz con experiencia na danza contemporánea.

Diplomada en Pedagoxía Musical pola Universidade de Vigo, a sua cidade natal, e licenciada pola Escuela Superior de Canto de Madrid.

Compaxina a docencia coa composición e os escenarios.

Dende moi nova estudia música e piano con Jaime Vilas. Tamén se forma en canto coa soprano Patricia Blanco e, posteriormente, no Conservatorio Superior de Música de Vigo coa soprano Teresa Novoa e o pianista acompañante Alejo Amoedo.

Licenciase na especialidade de canto lírico na Escuela Superior de Canto de Madrid coa soprano Ana Rodrigo e a pianista acompañante Aída Monasterio, coa que segue formándose.

Asiste a clases de canto tradicional na Universidade Popular de Vigo con Chisco Feijoo, e a cursos intensivos con Mercedes Peón e Margó Gaioso.

Toma clases de canto e improvisación na escola de jazz Estudio de Santiago de Compostela, con Ramón Bermejo e Suso Atanes, e no Seminario Permanente de Jazz SPJ con Paco Charlín e Abe Rábade.

Iniciase na danza contemporánea coa bailarina e coreógrafa Mónica García, asistindo a clases permanentes e realizando coreografías para montaxes como A Ópera dos tres Reás. Asiste a un curso intensivo de danza-circo con Pablo Reboleiro e de danza contemporánea e presencia escénica con Aitana Cordero.

Inicia a sua actividade teatral coa compañía Kasilocos (Jesús Pando e Miguel Condal), protagonizando Ligazón de Valle-Inclán. Traballa con La Recua Teatro, dirixida por María Elena Diardes, e con Cámara negra, compañía dirixida por Carlos Álvarez Ossorio. Actúa en diversos montaxes teatro-musicales, e performances como as óperas Orfeo ed Euridice, e Pomme D’Api organizadas para la Escuela Superior de Voz de Madrid por el escenógrafo e director Gregorio Esteban. Destaca a sua interpretación de Jenny en A Ópera dos Tres Reás, producida polo l CDG (Centro Dramático Galego), dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar. Recentemente estrenou Barbazul; Opereta para Clown e Soprano, onde interpreta a Judith, xunto con Borja Fernández (Barbazul), dirixida por Marta Pazos (Compañía Voadora)

Voz Soa, Intervencións de Rúa, e os seus dous discos editados, Mónica de nut Trío e Dos Fios Invisibles Chegan as Cores, son os seus proxectos en solitario, ademáis dos talleres didácticos de canto para profesionais e non profesionais.

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs