Marcelino Galán

Nado na Coruña, Marcelino Galán, trasládase a Barcelona onde cursa estudos de Grao Superior de Música Moderna no Taller de Músics de Barcelona, no I.C.N.P e posteriormente na Berklee College of Music (Boston) con, entre outros, Andy Rossetti, Sean Levitt, Kurt Rosenwinkel, Michael L.Goodrick, Jon Damian ou Jack Pezzanelli.

Entre as suas actuacións están o Guatemala Jazz Festival, Quetzaltengo Jazz Festival e o Antigua Jazz Festival (Guatemala); Eurojazz e Festival de Jazz de Morelia (México), El Salvador Jazz Festival (El Salvador), Teatro Nacional de Tegucigalpa (Honduras), Festival Internacinal de Jazz de Nicaragua, Festival Internacional de las Artes (Costa Rica), Imaxinasons, FestiJazz - La Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz (Bolivia), Cicle de Interprets Solistes de Barcelona, Festival de Montpellier , Festival de Jazz de Tarrasa, Festival de Música de Prive (Lion), Festival de Jazz de La Ribera, Festival de Jazz de Girona, CanJazz...

Tocou con Bill McHenry, Chriss Higgins, Albert Sanz , Marc Ayza , David Mengual, Raynald Colom, Jerry Gonzalez, Tom Warburton, entre moitos outros.

Da sua discografía compre destacar: Roho (Singra 2003), Zinco (FreeCode 2008), The Gift (Freecode 2013); co Xacobe Martínez Antelo Quinteto - Isto e Jazz (FreeCode 2006), con Terela Gradín - Pascala (FreeCode 2008), con Monkillos - In Monk We Trust (FreeCode 2011); e noutras músicas con La Tirana (Peacelounge 2009), Cafe de la Noche ou Neo-Tango. Conta cunha ampla experiencia como docente, sendo profesor no Taller De Musics de Barcelona , no II Ciclo de Jazz da Universidad Autonoma de Barcelona, Estudio Escola en Santiago de Compostela , Escola de Músicos da Coruña, na actualidade, ademáis de impartir Clinics e Master Class, e profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de Jazz. 

Foto: Juan Luis Rúa

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs