Iago Fernández

Iago Fernández neceu en Cangas no ano 1987. Despois de compaxinar a percusión clásica no Conservatorio Profesional de Cangas coa formación jazzística do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, no 2011 gradúase no “Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene” (especialidade de jazz-batería), onde recibe clases de Jorge Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz e Guillermo Klein entre outros.

Ten tocado nos festivais e ciclos de jazz máis importantes da Península Ibérica: Getxo, Badajoz, Ibiza, Barcelona, Vigo, Madrid, Mallorca, Pontevedra, Valencia, Salamanca, Lugo, San Sebastián , Las Palmas, Lisboa, Braga... Ademáis de Guayaquil, Quito, Frankfurt, Hamburgo, París, Milán... Con músicos como: Avishai Cohen, Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund,

Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Andrzej Olejniczak, Logan Richardson, Bob Sands, Cecilia Coleman ou John O'Gallagher.

Iago gravou xa máis de vinte traballos como colaborador e tres discos ao seu nome: Agromando (2011), Acougo (2015) e Brisa (2016).

Como lider

Como co-lider

Como sideman

News
Popular songs