Agromando (2011) é o debut de Iago Fernández como líder e compositor, por iso o título. Florecen pois as súas primeiras 7 composicións, moi traballadas e pulidas dende as primeiras notas escritas no 2009. Ben é certo que a pista 9 foi improvisada no estudio de gravación seguindo un resumido guión dunha historia surrealista inventada polo batería. Ademáis destas obras de autoría propia, Iago quixo gravar tres versións de compositores aos que admira, como son Djaván (Océano), Radiohead (Pyramid Song) e Sammy Fain (I'll be seeing you). Para este importante traballo contou coa colaborción de 7 grandes músicos e amigos: Demian Cabaud (contrabaixo), Xan Campos (piano e rhodes), André Fernandes (guitarra), Virxilio Da Silva (guitarra), Zé Pedro Coelho (saxo tenor), João Mortágua (saxo alto e soprano) e Baptiste Techer (trombón).

Lista de cancións

News
Popular songs