Acougo (gravado no 2014 e editado en xaneiro do 2015) é o segundo traballo de Iago Fernández como líder. Desta volta preferiu facer un álbum completamente orixinal no que ás composicións se refire, elexindo dez temas da súa autoría compostos entre 2012 e 2014.

Durante eses tres anos, estivo probando a música con diferentes formacións (normalmente en quinteto) ata que finalmente decidiu contar con 5 músicos cos que sinte moita conexión: Félix Rossy (trompeta), Vicent Macián (saxo tenor), Wilfried Wilde (guitarra), Xan Campos (piano) e Demian Cabaud (contrabaixo). Acougo (calma, sosego) tivo moi boa acollida nos concertos de presentación (Cangas, Vigo, Santiago, Porto, Xixón e Bilbao) e quizáis haxa máis traballos do sexteto no futuro.

Lista de cancións

  • 02 Acougo
  • 04 Second Ending
News
Popular songs