A publicación do primeiro traballo do guitarrista lucense Telmo Fernàndez, The Soul Jazz Beat Vol. 1 supón un forte impulso de aire fresco ao jazz estatal. Recuperar o órgano Hammond B3 fainos retrotraernos a gloriosas épocas do jazz e lembrarnos de persoaxes non menos significativas do mencionado instrumento como W.B. Davis, Brother Jac McDuff, Jimmy Smith ou Larry Young sen esquecer ao actual Joey DeFrancesco. En España, Ximo Tébar tamén se fixo acompañar por outro dos grandes especialistas, como é Dr. Lonnie Smith.
 
Telmo Fernández sabía ben qué se traía entre mans, e nun acto de conciencia histórica deixouse levar polo devenir do seu impulso para regalarnos cun trío no que volven a confluir a guitarra eléctrica e o órgano Hammond B3, tal e como xa fixeran no pasado guitarristas como Kenny Burrell, Grant Green, Wes Montgomery ou George Benson
 

Lista de cancións

  • 01 Pista 01
  • 02 Pista 02
News
Popular songs