Mónica de Nut canta acompañada polo guitarrista Virxilio da Silva neste segundo disco publicado no selo FreeCode Jazz Records.

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz e experimental. Licenciada na Escuela Superior de Canto de Madrid participou en montaxes de ópera e teatro. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trío - mellor disco do 2012 segundo a revista Distrito Jazz-, edita Dos Fíos Invisibles Chegan as Cores tamén con Freecode Jazz records. Acompañada por Virxilio da Silva, guitarrista consagrado, de gran talento e versatilidade, combinan a música clásica, jazz, rock e tradición galega; música ecléctica. Este proxecto musical foi premiado na categoría de Músicas do mundo nos Premios Martín Códax da Música 2014 e seleccionado entre os 5 mellores discos de jazz do 2014 según o Club 1906 de Estrella Galicia.

Lista de cancións

News
Popular songs