Ton Risco Trio

Aínda que estes tres músicos son vellos coñecidos de outras formacións, non foi ata finais de 2013 cando naceu este trío. E ten a súa razón de ser na intención de xuntar dous timbres singulares coma son o do vibráfono e o órgano nunha formación pequena e autónoma, emulando o tándem Joey DeFrancesco & Bobby Hutcherson.

O son resultante ten o toque tradicional dun trío mais cunha tonalidade cool, coa que xa teñen conquistado ao público en festivais coma Imaxinasons ou Ciclo 1906 Jazz.

O repertorio do trío, recollido no seu primeiro CD “Ginger Lemon & Honey” (FreeCode, 2015), móvese entre os temas orixinais e os standards, onde xogan coas sonoridades máis íntimas, misturadas con groove e up tempos.

Foto: Rafa Pasadas

Discografía

News
Popular songs